Os peixes non se contan entre os máis intelixentes dos animás. Levados pola súa voracidade, bótanlle a boca a calquera cousa que lle pareza comestible sen darse conta que, agochada no engado da carnada, está a brinca que os vai levar á perdición.
Estes dias de campaña electoral énchense os meios de comunicación das propostas, promesas e ofertas das distintas candidaturas que aspiran a gobernar Carnota. Coma sempre nestas ocasións, pódense observar claramente dúas actitudes diferenciadas que representan dúas maneiras de concebir a acción política:
por unha banda a "politica de consumo" ou "democracia nominal"
por outra a "politica de participación" ou "democracia participativa".
A "política de consumo", caracterízase por unha dinámica similar á do mercado: a cambio dun valor tasado, o voto, prométense certos artículos que a povoación demanda como, postos de traballo, dotación de infraestructuras e equipamentos, organización de actividades festivas e de recreo e, en resumo, facernos a vida máis agradable. Para ter opción ó disfrute de estes bens non hai que facer nada máis, que escoller a marca que mais nos convenza e ir votar unha ves cada catro anos. Máis cómodo non pode ser.

Na "democracia participativa", pola contra, o que importa é a incorporación a un proxeto no que se coincide en maior ou menor grado e o voto non é mais que a espresión formal do compromiso que se adequire de traballar nese proxeto. A mensaxe desta opción é: "nós non vendemos nada. Esta é a nosa idea de a onde queremos que vaia Carnota e de como imos camiñar nesa dirección. Se vas no mesmo rumbo, achégate e participa".
Estas dúas opcións son tan diferentes na súa naturaleza que actúan como mecanismos de selección das personas que participan nelas. A primeira é un imán para aquelas que aspiran a vivir da política. A segunda é a elección das que conciben a Política como un instrumento para a transformación e a evolución da sociedade.
As dúas mensaxes son entre si mui diferentes e debemos analizalas ben para asegurarnos de que non levan ningunha brinca agochada baixo dunha carnada aparentemente apetecible.
Unha das propostas que máis chaman a atención estes dias é a oferta de Carnota como localización para as gaiolas de crianza de salmón. Nada menos que nas proximidades da Reserva Mariña dos Miñarzos onde se desenvolve un proxecto mariñeiro exemplar, con expectatativas de futuro, que da sustento a muitas familias da localidade e polo que a administración municipal sainte non mostrou nunca o máis mínimo interés. E agora, co argumento dos postos de traballo, (catro), promóvese a instalación dunhas gaiolas, "experimentás", para unha industria de acuicultura capás de provocar a destrucción de kilómetros de litoral do que vivían ducias de familias mariñeiras.
Os efectos nocivos da crianza intensiva de salmón non se limitan á contaminación dos fondos e das augas próximas cos restos de alimentación, antibióticos e desinfectantes. Nin siquera ó risco de provocar unha epidemia que se transmita ás especies obxeto da pesca artesanal, como aconteciu en Chile. O maior poder destructivo da crianza intensiva de salmón está na base: a súa alimentación. O salmón é predador. Non se alimenta de algazos ou de plancton senón de outros peixes e, cando está criado en catividade, de pensos fabricados principalmente con fariña de peixe. Para a crianza de cada tonelada de salmón de tamaño comercial fixeno falla unhas 5 toneladas de peixe salvaxe. É deser, que para criar un salmón de 5 kilos houbo que pescar 25 kilos de peixe e convertilos en fariña. Lonxe de ser a alternativa á pesca, a acuicultura de especies predadoras o que está facendo é acelerar a extinción das pesquerías. Veleí a brinca agochada na carnada dos postos de traballo.
Outro efecto perverso é o risco de privatización da beiramar. Quer ca disculpa de ampliación das plantas existentes, como tentou Stolt Sea Farm en Quilmas e Lira, quer con deseños de enxeñaría financeira coma en Chile, as multinacionás, ca complicidade de certas administracións públicas, tratan de apropiarse das terras e das augas da beiramar, sean propiedade pública ou sean propiedade particular dos veciños. Esta é unha novedosa e ultraliberal maneira de entender o interés público: expropiarlle ós veciños os seus terreos para poñelos ó dispor das multinacionás.
Outra das mensaxes rechamantes é a que propón facer do Pedragal (monte Pindo) un couto de caza maior. Recordo ter oído xa esta peregrina ocurrencia no mostrador dalgunha cantina. Vese que ése é un lugar que estimula a imaxinación, pero pensar en destinar o Pedragal á caza do corzo é dunha creatividade escesiva. Esta proposta parece descoñecer totalmente o estraordinario valor dunha especie botánica singular como é o carballo añón, cuia soa presencia sería razón abonda para declarar o Monte Pindo, parque natural. Pero, por riba, insiste na mesma teima de privatización disimulada aplicada en outros ámbitos como a recente Lei de Augas. A xogada está en declarar de "interese público" un recurso para de seguido adxudicarlle a súa xestión a unha empresa privada. Á empresa privada que millor se axuste ós parametros definidos de antemán, por suposto. Todo legal ou, senón, polo menos que pareza un accidente.
Duas propostas que definen perfectamente o modelo político que pretende aplicar en Carnota a marca electoral que as defende.
Nun rumbo mui diferente vai o modelo que defende a candidatura patroneada por Moncho Noceda, que mantén como enfilacións da sua liña política a participación directa dos veciños no goberno do Concello e a recuperación do sector primario (agricultura e pesca artesanal) como chaves para o desenvolvemento de Carnota.
Cando trema a terra hai que mirar para riba, porque é das alturas de onde vén o perigo. E nesas alturas estánse tomando decisións que afectan de maneira determinante ás nosas vidas e á das prósimas xeneracións. Dende hai anos estanse producindo maniobras de acaparamento dos recursos básicos: auga, alimentos e enerxía. Os executivos que xestionan fondos de inversión especulativos decatánose de que os alimentos constitúen un bó campo de negocios e están adequerindo milleiros de Has. de terras de cultivo en África e América do Sul. Saben que controlando a producción e distribución de alimentos poden obter rendementos mais altos que en ningún outro sector. E mais importante ainda, permitirálles controlar á povoación, (Quen controla o petroleo, controla os paises. Quen controla os alimentos, controla a povoación. Non fui Marx que dixo esta frase, senón Henry Kissinger)
Cuns partidos políticos cativos da banca, amarrados por uns préstamos que non poden devolver e que defenden abertamente ou ás agochadas os intereses do gran capital, non podemos esperar mais que medidas que vaian reducindo, chantada a chantada, as condicións de vida e os direitos políticos, sindicás e económicos dos veciños.
Os únicos que parecen terse decatado de esta situación son Moncho Noceda e o grupo de veciñas e veciños que o acompaña, para os que o desenvolvemento do sector primario e vital, asi como a participación veciñal nas decisións de goberno mais importantes.
A recuperación da terra agrícola de Carnota e a consolidación e ampliación da Reserva Mariña é mui probable que se convirtan no salvavidas das próximas xeneracións de carnotáns e, se "gobernar é prever", a única candidatura que presenta un programa previsor e prudente, lonxe de delirios faraónicos é a formada por Moncho Noceda e os seus compañeiros e compañeiras.
A ver se somos mais listes que os peixes e non tragamos ningunha brinca por mui apetecente que nos pareza a carnada que a envolve. Non nos deixemos engaiolar polas promesas de quen non quer de nós mais que o voto cada catro anos. Guiémonos polo principio de que "o que pouco custa, pouco vale" ou dito doutro xeito:"ninguén da pan por durmir"

0 comentarios:
Enviar um comentário