Poucos veciños haberá en Carnota que non quixeran ver xuntados os seus terreos, os seus ervales e as suas retallas de monte. Polo menos os de mais edade, porque a maioría da xente moza nin siquera sabe de eles.
Cando se empezano a facer as primeiras concentracións parcelarias, aló polos anos 60, toda a terra de Carnota estaba traballada e a súa calidade agrícola valorábase tanto como a súa situación, pero a desconfianza na honradez do réxime sempre predisposto a beneficiar ós mais ricos, e o temor de recibir terra de terceira por terra de primeira levou a que a oposición á concentración fose xeneralizada.
A emigracíon masiva trouxo canda ela o abandono da labranza e os terreos en campo foron indo a monte, de tal maneira que hoxe a terra agrícola de Carnota nomais que se valora pola súa calificación urbanística.
A concentración fuise levando a cabo noutros concellos con resultados diversos. Nuns casos permitiu manter e facer mais rendible a actividade agrícola ou gandeira pero noutros provocou unha desfeita ambiental e patrimonial desproporcionada. Feita a machado, arramplou con regos e valados, con soutos e carballeiras, trazou pistas, encanou rios e desecou lagoas para, vinte e pico anos mais tarde, recoñecer que a maneira en que fui realizada, hoxe é indefendible.
En tanto no resto do mundo, os criterios agronómicos sufriron cambios significativos. A agricultura industrial, con grandes extensións de monocultivo e uso masivo de herbicidas, plaguicidas, fertilizantes minerás e sementes transxénicas prometía acabar ca fame no mundo. En ves de eso, o que fixo fui deixar tras dela unha restra de chans ermos, lugares abandonados e a producción e distribución dos alimentos en mans de corporacións multinacionás que teñen como único fin a obtención do máximo rendemento posible.
Ó mesmo tempo fuise pondo de manifesto a superioridade do sistema de producción tradicional asentado na xestión integrada do complexo agro-forestal-gandeiro, (o que ven sendo o sistema agrario galego de toda a vida), de eficiencia demostrada ó longo dos centos de anos nos que fui quen de manter as máximas densidades de povoación. Convén non esquecer que a causa das penosas condicións de vida da povoación rural non era a productividade do sistema, que era óptima, senón a sobrecarga parasitaria dos estamentos dominantes: o clero e a fidalguía.
Este sistema tradicional de producción agraria non é exclusivo de Galicia. Noutras latitudes do mundo, mesmo nas de mais lonxe, desenvolvéronse e mantense sistemas similares, case sempre en territorios definidos pola proximidade do monte, a fartura de auga e fórmulas de propiedade que combinan a propiedade comunal co minifundio.
A interacción da povoación humán ca sua contorna, ó longo de períodos de tempo suficientemente largos, permitiu unha adaptación equilibrada entre o meio natural e a actividade productiva e dou lugar a unha paisaxe cultural caracterizada por un mosaico de cultivos diversos, hortas, ervales e brañas, rios e lagoas, ligados por unha rede de sebes, arboredos e bosques. A capacidade destas paisaxes socioecolóxicas para contribuir ó ben-estar da sua povoación pódese comprobar nos territorios que, hoxe e no noso entorno, teñen como fundamento da sua economía o sector primario (forestal-agrícola-gandeiro). Esta opción non é exclusiva nin incompatible ca actividade dos outros sectores económicos (transformación, comercialización, servizos). Pero é o motor de arranque dunha economía estable e co menor grado de dependencia posible a meio e longo prazo. E, por riba de todo, é o único meio que pode asegurar a supervivencia das próximas xeneracións de carnotans porque, según todas as previsións, a sobrealimentación que caracteriza ás povoacións dos paises do primeiro mundo deixará de ser un problema e do que teremos que preocuparnos será de ter algo para comer, anque sea un anaco de broa. O capital especulativo descubriu un novo filón no que investir: a auga e os alimentos, e está desenvolvendo un xigantesco plan de compra de terras de cultivo en America do Sul e en Africa. Non fai falla explicar que a sua intención non é acabar ca fame no mundo.
Chegados a este punto atopámonos nunha encrucillada: ¿Hai que facer a concentración parcelaria para recuperar o cultivo da agra ou hai que recuperar primeiro o cultivo da agra para que mereza a pena levar a cabo a concentración parcelaria?
A resposta está á vista: O custe da concentración parcelaria de Carnota tense tasado en arredor de 10 millóns de €, polo que non é de esperar que se vaia levar a cabo estando, como está, abandonada a sua terra de labranza. A finalidade da concentración parcelaria é aumentar o tamaño meio das parcelas para o seu uso agrícola, non para facer solares mais grandes. Por eso, non é previsible que a concentración en Carnota vaia mais aló de ser utilizada como argumento electoral cada certo número de anos, se antes non se recupera o cultivo da terra.
Sen uso agrícola non hai concentración parcelaria. Se queremos concentración, primeiro temos que recuperar o cultivo dos terreos.
E as ferramentas para poñer en marcha ese proceso están na nosa man. Cada un polo seu lado non podemos ir mui lonxe pero asociándonos, cooperando, traballando de xunta, temos tantas posibilidades coma calquera das comunidades que colleno este camiño antes de nós. Resultan do maior interés as experencias dos productores da "faba de Lourenzá" e da "escanda asturiana".
As decisións e actuacións que habería que tomar para por en marcha unha iniciativa encamiñada á recuperación da terra agrícola de Carnota poderían resumirse no seguinte plan:
2.- Establecemento dun fondo de terras. Os terreos destinados ó cultivo procederán da aportación dos propios socios e de veciños alleos á sociedade, cedidos en arrendamento con valoración previa do custe de preparación para deixalos en condicións de ser traballados.
3.- Elaboración dun plan de explotación. Dependendo da superficie a dispór, hai que elaborar un plan de explotación no que se determinará que productos se van cultivar e en que cantidade. Unha superficie de 10 Ha (250 ferrados) probablemente tería que adicarse nomais que a dous ou tres cultivos de horta e cereal, mentres que con superficies duas ou tres veces mais grandes xa sería posible alternar cultivos de horta con prados, fruiteiras e algo de gandaría . A reducida superficie de Carnota en comparación con outras localidades determina os tipos de cultivo que nos convén escoller. Non podemos entrar en competencia ca producción industrial de bisbarras con extensións centos de veces superiores. O noso obxetivo non debe ser a producción de variedades de mercado a baixo precio senón a producción ecolóxica de variedades e razas propias. O "grabanzo de ollo de perdís" presenta as características idóneas para ser o cultivo preferente, seguido de cerca por outros igualmente apropiados ás nosas condicións como son a escaina (triticum spelta) que permitiría unha industria panadeira con personalidade propia e as variedades de pataca e cebola autóctonas. A conservación do noso patrimonio xenético inclúe tamén a recuperación das especies autóctonas de fruiteiras como mazaeiras, pereiras, ameixeiras e figueiras, estas últimas especialmente adaptadas ás condicións dos chans da banda norde do noso concello.
4.- Comercialización.- O sistema adecuado de comercialización para a nosa capacidade de producción é a venda directa ó consumidor mediante tendas propias e a través de Internet ou de cooperativas de consumidores. O recurso ás redes de comercialización interpostas, ós intermediarios, pode acabar botando abaixo o proxecto, polo que hai que fuxir delas a toda costa. Convén recordar o que lle está pasando ós productores de leite, que non saben canto nin cando van cobrar polo seu producto.
5.- Integración agricultura – gandaría – monte . A integración do monte e do gando no proxecto supón un avance cualitativo. Por tratarse dunha agricultura ecolóxica debe estar integrada ca gandaría. A actividade gandeira non se xustifica unicamente pola sua carne, leite ou ovos, senón tamén por un producto tan valioso ou mais que eles: o argueiro. A producción de argueiro ou de composto é imprescindible para que os productos cultivados podan dispor dos nutrimentos que precisan, e o millor meio para obtelo é combinando a limpeza do monte ca crianza de gando. O que se fixo durante centos de anos en cada casa: cobrir o chan onde se gardaba o gando con estrume traído do monte para ter ó cabo duns poucos meses o millor abono posible, o argueiro.
4.- Comercialización.- O sistema adecuado de comercialización para a nosa capacidade de producción é a venda directa ó consumidor mediante tendas propias e a través de Internet ou de cooperativas de consumidores. O recurso ás redes de comercialización interpostas, ós intermediarios, pode acabar botando abaixo o proxecto, polo que hai que fuxir delas a toda costa. Convén recordar o que lle está pasando ós productores de leite, que non saben canto nin cando van cobrar polo seu producto.
5.- Integración agricultura – gandaría – monte . A integración do monte e do gando no proxecto supón un avance cualitativo. Por tratarse dunha agricultura ecolóxica debe estar integrada ca gandaría. A actividade gandeira non se xustifica unicamente pola sua carne, leite ou ovos, senón tamén por un producto tan valioso ou mais que eles: o argueiro. A producción de argueiro ou de composto é imprescindible para que os productos cultivados podan dispor dos nutrimentos que precisan, e o millor meio para obtelo é combinando a limpeza do monte ca crianza de gando. O que se fixo durante centos de anos en cada casa: cobrir o chan onde se gardaba o gando con estrume traído do monte para ter ó cabo duns poucos meses o millor abono posible, o argueiro.
Esta actuación non traería mais que beneficios: por unha banda, o autoabastecemento de fertilizantes da millor calidade e a ampliación da oferta con productos de orixe animal como ovos, lácteos ou cárnicos. Por outra, a limpeza sistemática do monte para aproveitar o estrume repercutiría favorablemente na prevención de incendios e na conservación das vias de acceso. A colaboración cas Comunidades de Montes sería unha relación de beneficio mutuo.
6.- Carnota, territorio libre de organismos modificados xeneticamente . Os OMX, por riba dos seus descoñecidos efectos sobre a saúde das personas, ten un importante e destructivo efecto sobre os cultivos autóctonos ós que pode contaminar a través do polen transportado polo vento. Estes organismos están patentados e son propiedade de podentes empresas e nomais que se poden cultivar ca sua autorización, mediante contrato. Se os seus inspectores detectan nun cultivo o xen da sua propiedade, ainda que sea por contaminación accidental, poden reclamar unha indemnización ó agricultor ou, ainda mais, prohibirlle o seu cultivo. Por esta razón e para preservar a pureza do noso patrimonio xenético é da maior importancia declarar Carnota, territorio libre de Organismos Modificados Xeneticamente como xa fixeno Zas, Laxe ou Muxía. Unha resolución da Corporación Municipal neste sentido sería unha boa cousa.
6.- Carnota, territorio libre de organismos modificados xeneticamente . Os OMX, por riba dos seus descoñecidos efectos sobre a saúde das personas, ten un importante e destructivo efecto sobre os cultivos autóctonos ós que pode contaminar a través do polen transportado polo vento. Estes organismos están patentados e son propiedade de podentes empresas e nomais que se poden cultivar ca sua autorización, mediante contrato. Se os seus inspectores detectan nun cultivo o xen da sua propiedade, ainda que sea por contaminación accidental, poden reclamar unha indemnización ó agricultor ou, ainda mais, prohibirlle o seu cultivo. Por esta razón e para preservar a pureza do noso patrimonio xenético é da maior importancia declarar Carnota, territorio libre de Organismos Modificados Xeneticamente como xa fixeno Zas, Laxe ou Muxía. Unha resolución da Corporación Municipal neste sentido sería unha boa cousa.
7.- Rexisto de marca e solicitude de indicativo xeográfico de procedencia. O rexisto dunha marca propia é a solicitude da Indicación de Orixe Protexida é da máxima importancia e tén como fin defender o traballo e os intereses da xente comprometida no proxecto, permitir unha millor identificación dos productos, fomentar a busca da máxima calidade e facilitar o seguimento por parte dos consumidores.
8.- Transformación. As actividades de transformación dan lugar a un importante incremento da plusvalía e dos postos de traballo en comparación ca simple actividade de producción primaria. Boa cousa é producir millo ou escaina e vender a fariña, pero é muito mais interesante elaborar con ela broa, pan ou empanada, e esa será a referencia que nos debe guiar. En canto a producción primaria estea asentada hai que pasar á actividade de transformación sen perda de tempo.
O resultado destas actuacións sería unha concentración parcelaria de feito, tanto mais amplia canto maior fora o número de veciños que participaran e sen necesidade de tirar valados, desviar rios nin abrir pistas. Cada terreo seguiría sendo de seu dono pero o cultivo faceríase coma se estuveran concentrados. O custe para a administración sería infinitamente menor. Practicamente reduciríase á asistencia técnica. E o mais importante de todo: sería consecuencia da participación directa da veciñanza no proxecto. Sería indicador dunha sociedade viva, activa e cooperadora.
O resultado destas actuacións sería unha concentración parcelaria de feito, tanto mais amplia canto maior fora o número de veciños que participaran e sen necesidade de tirar valados, desviar rios nin abrir pistas. Cada terreo seguiría sendo de seu dono pero o cultivo faceríase coma se estuveran concentrados. O custe para a administración sería infinitamente menor. Practicamente reduciríase á asistencia técnica. E o mais importante de todo: sería consecuencia da participación directa da veciñanza no proxecto. Sería indicador dunha sociedade viva, activa e cooperadora.

8 comentarios:
Ola Pepe,
Moi interesante este artigo, como é habitual neste blogue.
Penso que ista é a maneira mái sinxela de activar a economía do concello de Carnota, e non agardar a que cheguen as "panaceas" do turismo ou a construcción masificados.
Unha aperta.
Ola amigo Perche. Diolopaghe por teres a pacencia de ler esta entrada que saiu especialmente espesa. Xa sabemos que hai algunha xentiña que lle tén medo ó sacho, ainda que nunca tuveran ún na man. Non deben de terlle tanto medo os veciños da Ribera de Navarra, do Valle del Jerte ou, na nosa terra, os de Herbón ou do Val do Rosal, todos eles cun nivel de vida muito por riba do noso. Seique teñen unhas cousas que lle chaman "maquinaria agrícola". Haberá que investigar, a ver se podemos arriar o sacho e o arado de pau.
Unha forte aperta.
Boas. Leo este artigo sen moito tempo de comentar. De espeso nada, ben estruturado e enfocado. No entanto, hai matices a considerar, algúns de importancia na miña opinión, tanto na análise dos antecedentes como da propia estratexia. A ver se saco algo de tempo e che envío un correo, que non é cousa de abafar aos teus lectores. Unha aperta.
PS. Casualmente hoxe vou estar por terras de Carnota facendo un traballiño.
Ola eSedidió, sempre son benvidas as tuas correccións, matizacións, comentarios ou o que che dea a gana. Non teñas medo de abafar ós lectores desta República . Teño comprobado que, o mesmo que os de "Éche o que hai", son capaces de ler textos mais estensos que un SMS.
Síntoche ben non estar en Carnota para invitarche a unha cerveza no Pedra Pas, en Portocubelo, pero estes dias teño mais cerca as maruxías do Cantábrico que as do Mar de Lira.
Unha aperta.
Sigo sen ter tempo para afondar, pero velaí van algunhas cousiñas qe che poden resultar de interese.
1.- Eu traballei e traballo con certa asiduidade en temas relacionados coa Concentración, e tes bastante razón no que dis, se ben hai que apontar que, afortunadamente, os vellos conceptos sobre CP "á castellana" están a mudar. Non concordo moito no tema (e difiro con isto con case todo o mundo) de que o obxecto ultimo e principal da CP sexa aumentar o tamaño medio da parcela, ou polo menos non sempre. Para min, o obxectivo debe ser a mellora estrutural da explotación, que ás veces está relacionada co tamaño e ás veces non (p. ex. coa mellora das infraestruturas).
2.- Non teño claro que o sistema tradicional de produción en Galicia fose o de maior rendibilidade (económica ou social) e que a culpa única do atraso e a pobreza fora o caciquismo. Algo tería tamén a ver a cuestión hereditaria, que en moitos casos non impedía a división de terras entre herdeiros e que así foi responsábel do microfundio e da emigración. A situación, ao remate dese proceso, era todo menos idílica.
3.- As túas propostas son moi interesantes, pero penso que sería preciso, no punto 0, proceder a un sistema de CP, seguramente pola vía da CP privada: no é tanto cuestíon de incrementar a superficie total de terras, senón tamén de obter unhas parcelas de cultivo racionalizábeis. E, pesia o que dis ao final, o resultado do proceso proposto non sería unha CP de feito, na miña opinión.
4.- O caso dos produtores de faba de lourenzá non creo que sexa un exemplo acaído: seguen a ser poucos e mal avenidos (algo sei do tema, que participei na posta en marcha da IXP).
5.- Para o tema dos arrendamentos seica sería posíbel contar co antigo Banco de Terras, hoxe integrado no Agader.
6.- Ao plan de cultivo habería que darlle unhas voltas, aínda que creo que ti xa o sabes.
7.- O tema comercial é o auténtico cerne da deboura, e sinceramente penso que o tema dos circuitos curtos, das asociacións de consumidores, da venda en mercados locais e de venda por internet ten moito de voluntarismo. Ou pior: caer na trampa de Slow Food, dionoloqueira.
8.- A declaración de concello libre de transxénicos ten moito de brindis ao sol e ningunha repercusión práctica. A autorización depende da CNB e esta institución pasa olimpicamente dese tipo de declaracións.
9.- Non é posíbel a creación dunha figura oficial de orixe do tipo IXP que sexa multiproduto, xa o sinto. E as figuras de Marca de Garantía privadas requiren moito investimento e non teñen demasiado prestixio.
Máis nada, espero que che serva para algo esta opinión. Xa sabes: se a cousa cuta ponte en contacto comigo e bótovos unha man no que faga falla.
unha aperta.
PS. Lariño... non o coñecía. Espectacular.
Agradézoche muitísimo a atención e sobre todo as puntualizacións tan polo miúdo que lle prestastes a esta entrada. Son conscente de que se trata dun esbozo redactado a brocha gorda
De todos os xeitos a miña intención non era, nin muito menos, presentar unha analise rigorosa da utilidade da CP, senón pór en evidencia a contradicción que supón reclamala para un concello que tén mais do 90 % da sua terra inculta e no que as únicas espectativas de desenvolvemento que se contemplan son o turismo ou a esperanza de que empresarios de fora veñan localizar acó as suas empresas.
Outra das mensaxes que quería transmitir é a importancia de que as iniciativas partan dos propios veciños. Non son partidario de que as solucións nos veñan dadas de fora sen que os veciños poñan nada da sua parte, porque nomais que se valora o que custa esforzo. Coido que unha sociedade pasiva é unha sociedade morta.
Admito que calificar a productividade do sistema tradicional de “óptima” pode ser unha mostra de entusiasmo excesiva. E posible rebaixalo nun grao ou dous e deixar a cousa en “estable a longo prazo”.
No tocante ó atraso e a pobreza, pode ser que o caciquismo non sea a única causa pero, ó meu ver, está antre as principás. A cuestión hereditaria e o reparto de terras, non o teño tan claro. Nos sitios onde o vinculeiro quedaba ca casa e cas terras, él podía manter unha explotación mais viable, pero ó resto dos irmáns tocáballe ir para as Américas ou se eran mulleres, para o convento ou a servir.
Mágoa que os fabeiros de Lourenzá teñan problemas de organización, pero quen me dera que en Carnota tuveramos tamén esa clase de problemas. Eso suporía que xa nos puxéramos a camiñar.
Efectivamente, ó plan de cultivo non só habería que darlle unhas voltas: habería que facelo novo unha vez que houbera un grupo de personas interesadas na idea. E por suposto, ca axuda de personal cualificado
É certo que o tema comercial tén muito de voluntarismo. Como tamén o tén esta iniciativa ou como o tén formar parte da xunta rectora dunha comunidade de montes ou dunha asociación cultural coma “Canle” ou “Xurde Caldebarcos”. Nos lugares sempre hai uns veciños que se esforzan e traballan e outros que nomais que se achegan cando hai algo que recoller. Pero recoñezo que ó voluntarismo haille que pór un límite. De todos xeitos a propia extensión da terra de Carnota determina os mercados que temos capacidade de abastecer. Coido que non poderíamos satisfacer a demanda de leitugas, poño por caso, de Gadis, Eroski ou Carrefour.
A razón de propor a declaración de Carnota como concello libre de OMX non é que esta proposta se traduza en leis que están fora das competencias do Concello, senón encetar un debate entre os veciños para que siquera teñan conocemento do problema
Se finalmente fora avante esta iniciativa ou algunha similar en Carnota, sería dunha grande satisfacción contar ca tua axuda.
Repitoche o agradecemento polo teu interés e polo tempo que lle adicastes a comentar este artículo.
Unha aperta.
Boas Pepe,moi boa a iniciativa de facer este blogue,o certo e que é de agraceder que xente coma tí comparta,ilustre e divulgue información tan valiosa do mundo agroforestal.Por certo,lín por ahí que se estaba investigando sobre algo que lle chaman "maquinaria agricola",pois ben,ó outro dia fún a Picota,e aló vín unha especie de automóvil xigantesco,que a súa tiraba dun carro de ferro cargado de herba,valghame dios,e nós aquí aínda co sacho e co cavaduiro...Jejejeje.TERRA E SAÚDE
Ola Irmandinho, non pasemos ainda ó cavaduiro. Co medo que lle teñen alguns ó sacho, a ver se van sufrir unha sobredose.
Enviar um comentário