11/09/10

Monte Pindo, Parque Natural

. 11/09/10 .



A organización conservacionista Adega, a Sociedade Galega de Historia Natural e un amplo grupo de profesores e investigadores das universidades galegas, presentaron a primeiros de este mes ante o Observatorio Galego da Biodiversidade a proposta para que o Monte Pindo sexa declarado Parque Natural.
Entre as figuras de protección, a de Parque Natural é unha das mais relevantes polo grado de protección que garantiza para os espacios naturás que ainda non sufriron unha transformación sensible pola actividade humán e que polos seus valores xeomorfolóxicos, biolóxicos ou estéticos poden ser considerados como mostras singulares do patrimonio natural dunha comunidade autónoma determinada.
A declaración de Parque Natural non couta as posibilidades do territorio protexido.   Pola contra, as inversións previstas para estes territorios constitúen un importante factor para o desenvolvemento de toda a zona.
Ca declaración do Monte Pindo como Parque Natural quedaría asegurada a protección de este espacio que actualmente está catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria e que ven sofrindo nos últimos anos unha escalada de agresións que poden acabar causando estragos irrecuperables.   Quer por razóns económicas coma a canteira en explotación ó seu pé, quer por prácticas deportivas incompatibles ca conservación do espacio natural como a circulación de motos ou quads, quer polo incivismo e a estulticia de numerosos escursionistas que deixan os outeiros e as laxas crucificadas coa seus nomes ou, finalmente, por iniciativas discutibles coma a dunha "Asociación Cultural" á que se lle ocurriu instalar unhas mesas de madeira no Campo das Cortes, ó mesmo pé da Laxa da Moa, ca colaboración da Deputación da Coruña.  Teño medo que logo se instalen lareiras para asar o churrasco.
República de Carnota da a benvida a esta iniciativa que promove a protección dunha importante área do noso territorio e que xa tivo un adianto na proposta e incorporación do Carballo añón ó Catálogo Galego de Especies Ameazadas.   Así que, parabens a Adega e á SGHN pola sua iniciativa.
Outras entradas de este blogue relativas ó Monte Pindo


Vrea no Chan de Lourenzo


Presa lavaduiro Wolfram


Vrea antre carballos


Braña dos Aguillóns


Campo das cortes


Letreiro Asoc. cultural


Lagarta da serra


Lagarta sen cauda


Carricanta 1


Carricanta 2


Lagarto arnal


Pampona

0 comentarios:

 
{nama-blog-anda} is proudly powered by Blogger.com | Template by Agus Ramadhani | o-om.com