As vacas cachenas pertencen a unha das razas de vacas autóctonas que Galiza comparte con Portugal e como todas as razas gandeiras en perigo de extinción, están baixo da protección dos programas de conservación do patrimonio xenético da Unión Europea.
Son uns animás de grande rusticidade, de armónicas proporcións e mirada viva e intelixente. Caracterízanse pola sua talla, mais pequena que a das outras razas galegas, por uns rechamantes cornos en forma de lira alta, mucosas negras cunha aureola de pelo craro arredor e cor de capa entre roxo e castaño.
En 2007 a comunidade de montes veciñás en man común da parroquia de Lira, de xunta con varios veciños particulares, encetou un programa de silvopastoreo como parte dun proxecto de diversificación de usos do monte e de prevención de incendios. A primeiros de decembro chegaron ó monte de Lira as primeiras novas inquilinas: duas ducias de preciosas vacas e xovencas cachenas procedentes de explotacións gandeiras do Val do Dubra e de Teixeiro, que foron instaladas nunha parcela de 50 Has. zarradas con postes de madeira e rede metálica. Poucos meses mais tarde foron zarradas outras duas parcelas mais, unha de 20 e outra de 50 Has.
As condicións do monte nestes zarramentos son cativas por demais para manter as duas ducias de vacas e mais outra media ducia de bestas de raza galega cas que han de partillar o escaso pasto, polo que logo houbo que complementar a mantenza con feixes de erva seca e levándoas pacer fora dos cercados onde, paradoxalmente, había mais pasto e de millor calidade debido ós labores previos para a plantación de madeira.
Decontado houbo que lamentar a perda de varias becerriñas por ataque de lobos a causa da precaria calidade do primeiro dos zarramentos que, se ben impedían que o gando pudera sair, non impedían que os predadores puderan entrar.

O momento mais amargo fui o da perda da becerriña "Lira". Nacida a primeiros de agosto de 2008, perdiu á sua nai, "Julieta", a meiados de setembro, vítima da embestida dun vehículo que circulaba indebidamente pola pista interior da parcela. Houbo que sacala avante a poder de leite en póo e concentrado de cereás dispois de que fracasara o intento de que a porfillara outra vaca que parira uns meses atrás. Cando parecía que estaba esconxurado o perigo e que Lira xa se convertera nunha becerriña de cinco meses autónoma e segura de si mesma, o lobo tornou atacar de novo, e a mais indefensa do rabaño era ela. Non houbo salvación.
Lira ca sua nai, Julieta

Lira ca posible nai adoptiva

Lira, con tres meses

Pero tamén houbo acontecementos felices. Como o nacemento de Roi, o primeiro dos becerriños nacidos neste monte, que non so sobrevive senón que é un recreo velo medrar e gozar da espléndida estampa que vai adequerindo co paso do tempo, ofrecendo a promesa próxima dun magnífico exemplar de boi cacheno.
Roi, acabado de nacer
Roi ca sua nai

Roi con dez meses
Dous anos cheos de experencias, unhas felices, outras mais amargas, pero por riba de todo cheos de ensinanzas.
A actividade gandeira non se pode acometer de maneira improvisada nin como accesoria da producción de madeira. Hai que ter en conta, antes de nada, as necesidades dos animás e non pensar que, como son mui rústicos, vanse manter de matogueira brava e por riba ainda dar beneficios. Con esta actitude o que se conseguirá é unha cabana castigada pola desnutrición e as enfermedades. Pola contra, hai que asegurar a protección do gando e a sua mantenza ó longo do ano e para eso as parcelas destinadas ó pastoreo han de ter uns zarramentos que impidan absolutamente a entrada de predadores e han de procurar unha provisión de pasto de calidade proporcionado á carga gandeira que soporta. É da máxima importancia unha mangada de manexo sólida e ben deseñada que permita realizar os tratamentos sanitarios de forma eficiente e segura para os animás e as personas.
Lira ca sua nai, Julieta
Lira ca posible nai adoptiva

Lira, con tres meses

Pero tamén houbo acontecementos felices. Como o nacemento de Roi, o primeiro dos becerriños nacidos neste monte, que non so sobrevive senón que é un recreo velo medrar e gozar da espléndida estampa que vai adequerindo co paso do tempo, ofrecendo a promesa próxima dun magnífico exemplar de boi cacheno.
Roi, acabado de nacer
Roi ca sua nai
Roi con dez meses

Dous anos cheos de experencias, unhas felices, outras mais amargas, pero por riba de todo cheos de ensinanzas.
A actividade gandeira non se pode acometer de maneira improvisada nin como accesoria da producción de madeira. Hai que ter en conta, antes de nada, as necesidades dos animás e non pensar que, como son mui rústicos, vanse manter de matogueira brava e por riba ainda dar beneficios. Con esta actitude o que se conseguirá é unha cabana castigada pola desnutrición e as enfermedades. Pola contra, hai que asegurar a protección do gando e a sua mantenza ó longo do ano e para eso as parcelas destinadas ó pastoreo han de ter uns zarramentos que impidan absolutamente a entrada de predadores e han de procurar unha provisión de pasto de calidade proporcionado á carga gandeira que soporta. É da máxima importancia unha mangada de manexo sólida e ben deseñada que permita realizar os tratamentos sanitarios de forma eficiente e segura para os animás e as personas.
Seguindo criterios profesionás e con esforzo e dedicación, haberá unha porcentaxe razonable de éxito. Pero se se toma como pasatempo, tendo os animás mal gobernados, con instalacións deficientes e sin pastos que aseguren alimento abondo, non se poderá ir mui lonxe.

15 comentarios:
Hola:
Boa iniciativa a das cachenas.
Eu en xeral son bastante crítico coa xestión que fan as comunidades de montes, tanto do monte como dos recursos que xeneran. Habitualmente plantan pinos e eucaliptos, venden e gastan os cartos en traer orquestas caras para o día da festa, e ahí se acabou todo.
Polo que calquera iniciativa que se aprte diso creo que hai que felicitala. Como ti ben dis dá moitos máis problemas e disgustos, pero tamen momentos felices, e outros moitos máis beneficios medioambientais e económicos. Aquí empéñanse en plantar madeira en montes que nunca a tuveron e so foron para ganado, cerran impedindo que pasen os animais, pero a madeira tampouco produce. Un fracaso.
Gustaríame preguntarche como é a xestión desas vacas: propietarios, traballadores que se encargan delas, quen dicede o que se fai...
Un saúdo
Moi boa entrada, Pepe.
Moi interesante o tema..coñecin a esas vacas na finca do val do dubra e gustoume ver no teu blo coma medra a familia delas...o da puchiña Lira moi triste, pero o lobo non sabe diferenciar... por certo ¿ que especie de arbore e a que sae nas fiadas da repoboacion?
Unha aperta.
Rafael.
Ola Juanma e Rafael. Empezando polo cabo: as árbores que se ven en varias das fotos son "Chamaecyparis lawsoniana", ou falso ciprés de Lawson e teñen uns 14 anos. Teño oído comentar que habería que telos podado hai anos deixándo unha unica guía a cada planta e de esa maneira a medra sería muito mais rápida. Seique esta plantación responde ó "afán investigador" dun axente florestal xa retirado. Dame a impresión que a planificación segue sendo un concepto exótico na nosa política florestal.
Estaba previsto inicialmente que o gando que se iba introducir nas parcelas cercadas podería ser da propia comunidade a título colectivo, de comuneiros individuales a título particular e se ainda quedara sitio permitiríase a participación de veciños de outras parroquias mediante fórmulas establecidas na Lei de montes veciñais en man común como a cesión ou o arrendo. Na asamblea correspondente púxose de manifesto que non había mais que un comuneiro interesado en participar directamente na iniciativa polo que quedaba aberto o camiño á participación de veciños de outras parroquias (éste era o meu caso). O gando xa estaba apalabrado e había que facerse cargo dél nun corto prazo, ainda que as condicións do acordo ca comunidade de montes non estuveran
fechadas.
Co gando xa no monte de Lira, chegou a hora de formalizar o contrato. Respecto as duas opcións posibles, arrendo ou cesión, a Lei estipula o prazo máximo de duración de cada unha delas: 11 anos o arrendo contra 30 anos a cesión. É evidente que para o gandeiro particular que ten que realizar unha importante inversión en capital e traballo,nun monte onde todo está por facer, once anos son pouco tempo para amortización e empezar a ter rendementos. Pola contra a fórmula de cesión con 30 anos de límite, asegura a rendabilidade para o gandeiro e aseguralle tamén á comunidade a herdanza das instalacións e das milloras que o monte tuvera experimentado nese tempo. Xa non son tan evidentes as razóns do asesor xurídico para insistir en que á comunidade o que lle conviña era o arrendo. Pero foron as que se impuxeron: o presidente seguiu o consello do xurídico e o contrato que ofrecía era de arrendamento por 11 anos, co que a viabilidade económica do proxecto para un gandeiro particular quedaba eliminada. Nesas condicións, seguir avante sería tirar co tempo, cos cartos e co traballo.
Para salvar o que se pudera había que buscar comprador para o gando. Douse a circunstancia que o presidente ofreceu mercalo para a Comunidade de montes e desa maneira non habia que desfacer o rabaño e asi se fixo. As vacas, xa en propiedade da Comunidade de montes, continuan no monte de Lira acompañadas dunha manda de cabalos galegos, porcos de raza celta e ovellas. É o propio presidente quén se encarga de gobernalos no seu tempo libre, ca asistencia de algún veciño. A viabilidade económica e o sostemento a meio e largo prazo do proxecto non son aspectos que se teñan en conta.
Como ti dis, Juanma, a xestión de muitas comunidades de montes deixa muito que desexar. A propia concepción do monte comunal, non é a dun ben propio, dun recurso productivo. É coma se fora unha creba que bota o mar. Extráeselle o que se poda sin pensar en reinvertir nél os beneficios que produce. Felismente, non todas responden a este patrón e hai comunidades exemplares en xestión e participación, pero na maioría nomais que se acordan do monte cando ulen a posibilidade de beneficios da industria eólica. A cobiza segue sendo un dos nosos vicios capitales.
Saúdos
Boas Pepe...agradecido polo dato da Chamaeciparis, moi exotico realmente, sempre parece que funcionamos por ocurrencias...os datos que aportas sobor da xestion do monte para min que non sei nada do tema, son vilancho, parecen aleccionadores...sobre a cobiza coma vicio moral capital absolutamente dacordo.
Saude e sorte.
Hola Pepe, calquera diria que as vacas cachenas istán emparentadas cas longhorn tamén chamadas cornilargos que criaban en jrandes manadas no oeste americano, porque son mui semellantes.Saúdos
buenos días, perdón porque no hablo gallego, pero entiendo algo si lo leo. Mira, vengo a través del cuaderno de Jesús Dorda, y es que estuve en Carnota hace ya dos años pasando un verano (8 semanas casi) de los mejores de mi vida, adoro Carnota, y nada, pérdoname por la intrusión. Y viva Carnota, un lugar tan bonito que da miedo pronunciar su nombre por si se estropea... Un abrazo y por favor cuidadlo, que no hay un sitio igual..
Gracias por tu visita, Aurora. Me gustaría poder ofrecer versiones del blog en distintos idiomas, como se suele hacer en las páginas web, pero lo mas parecido que he encontrado para blogs son los traductores automáticos. El de google es muy malo porque siempre hace las traducciones a cualquier idioma pasando antes por el inglés, con lo que el resultado es absurdo en gran parte de los textos. El de opentrad es bastante mejor porque hace las traducciones por parejas de idiomas. Aunque tiene algunas limitaciones, es bastante aceptable. Para ver el blog en castellano o portugués, hay un traductor en la columna de la derecha, debajo del calendario. Picando ahí, se abre una nueva ventana con un recuadro en el que se pide ingresar la URL del blog,en este caso: http://www.republicadecarnota.blogspot.com/, y debajo un pulsador que indica, "seleccione idiomas". Una vez seleccionada la pareja de idiomas, pulsar en "traducir" y ya está hecho. En unos segundos aparecerá el blog traducido al idioma deseado de una forma bastante digna.
Me alegro mucho de que Carnota te haya causado una grata impresión. Como tú, yo tambien temo que algún dia sus valores paisajísticos y ambientales caigan bajo las pezuñas de la avaricia y la indigencia espiritual.
Un abrazo.
¡Que belleza de animales! Enhorabuena por los buenos momentos que espero que sean el inicio de muchos más. Una pena la pérdida de los animales por los ataques de lobos, espero que consigas solucionarlo sin perjuicio ni tuyo ni de los lobos.
Es importante que se mantengan estas razas autóctonas en su lugar de origen pues su evolución "in situ" es la mejor garantía de su adaptación al medio y así mismo su explotación racional es un medio de conservar el medio.
Creo que visitaré este blog con asiduidad, gracias por enlazarme, así he podido descubrir su existencia.
Gracias a ti, Jesús, por tu visita y por tu amable y gratificante blog.
Oye, tú, que no pasa nada, faltaría más... tampoco es tan difícil leer gallego ¡otra cosa es hablarlo o escribirlo si no eres gallega, claro!
Venga, un abrazo, y las piedras también me gustan, ahora lo leo, sólo he visto las fotos...
Curiosas esas razas de vacas... No las había visto nunca. Gracias por mostrárnoslos.
Saludos.
Saúdos Pepe, estou totalmente con Juan M. Tojeiro, algún directivos das comunidades non saben o que teñen nas súas mans.
Non vira este post no seu momento (creo que non coñecía o blogue). Eu traballei coa cachena no parque Xeres -Xurés, e alégrame moito ver iniciativas como a vosa. Segue viva?
Cunha boa xestión penso que habería espazo para entre 150 e 200 animais. E non esquezamos que, aínda que os rendementos son baixos, a calidade da carne de cachena é das mellores do mundo.
Unha aperta.
Ola eSedidió, como lle comentei a Juanma Tojeiro e Rafael, a iniciativa vai mal. A situación actual é absolutamente lamentable.
Ante a falla de pasto dentro das parcelas cercadas, os membros da Xunta Rectora da Comunidade de montes, mais concretamente o Presidente, ceiban o gando a monte aberto sin ningunha supervisión durante horas e ás veces durante dias. Como consecuencia os animás, en busca de comida, entran nos lugares co conseguinte conflito cos veciños. Cando se recollen, están os que están e os que non, xa se verá mañán. Con este despreocupado sistema, a perda de animás con mais ou menos frecuencia é inevitable.
As instalacións, (fontes, cercados e mangada de manexo), xa mui precarias en orixe, vanse degradando rapidamente. Nestas endebles instalacións os tratamentos sanitarios son de mui complicada realización, polo que sempre quedan alguns exemplares sen vacinar ou sen tratamento antiparasitario. Estas pobres condicións sanitarias xunto ca deficiente alimentación fan que a situación do rabaño deixe muito que desexar.
A miña participación nesta historia rematou hai un par de anos, cando houbo que poñer por escrito o que xa tíña falado muitas veces co Presidente da Comunidade de Montes.
Eu contaba con que a Comunidade me fixera concesión por un mínimo de 15 anos dunha parcela dunhas 50 Has. A finalidade era destinala a producir carne para o que contaba con transformar en pasteiro unha parte e ir limpando de toxo as partes mais accidentadas ou mais bravas para lograr dous obxetivos: aumentar progresivamente a extensión dos pastos e destinar este material vexetal á produción de esterco ou composto.
Contaba con que esta iniciativa sería suficientemente estimulante para que a propia Comunidade se animara a estendela a outras parcelas e, ó mesmo tempo, provocar unha corrente de simpatía entre os veciños que permitira, á volta duns poucos anos, ampliar o proceso ó territorio agrícola. O millor de todo é que esta corrente, efectivamente produciuse e decontado empezano a aparecer veciños que nos invitaban a aproveitar os seus terreos para a producción de forraxe.
O problema presentouse no momento de formalizar o acordo por escrito. O Presidente da Comunidade, por consello do asesor xurídico, ofrecíume como única fórmula de contrato o arrendamento que, según estipula a Ley de Montes Veciñais en Man Común, non pode exceder de 11 anos, negándose terminantemente á fórmula de Concesión.
A desconfianza manifestada por este cambio de actitude, xunto cas contínuas plantacións de madeira, mesmo en zonas que presentaban unhas excelentes condicións para producir erva e o aumento irreflexivo de carga gandeira, incluíndo a introducción de novas especies coma cabalos, porcos e ovellas, puxeno en evidencia que os responsables da Comunidade, concretamente o seu Presidente, non tiñan ningún proxecto productivo minimamente rigoroso senón unha restra de ocurrencias atolondradas co único fin de pasar o tempo e dispor duns becerros para facer unha festa cada ano.
Parecíume que nestas condicións sería tolemia seguir avante, polo que puxen as vacas á venda, sendo adequeridas pola propia Comunidade de Montes.
Como diría o esquelete do ollo de vidro: "Non quixen saber mais e funme para a casa"
A única mágoa que me queda é, cando subo ó monte, ver ás condicións nas que se atopan esas criaturas. Ainda, con todo e con eso, sigo convencido de que esta é unha excelente opción, pero para eso é imprescindible que as propias Comunidades de Montes e as suas xuntas rectoras tomen o monte mais en serio e deixen de usalo como brincadeira.
Desculpa a estensión do comentario pero tiña gana de deixar constancia pública destes feitos.
Unha aperta
Ultimamente estoume a atopar, non sei se por casualidades, a un bo feixe de persoas que están a levar (ou mellor dito a tentar levar) adiante iniciativas de moito interese, case todas elas abortadas por falla de apoios ou simplemente (como é o teu caso) "porque somos así".
Gañas dan de montar unha movida de indignados, pero non teño twitter. Pero, non sei, ao mellor é tempo de poñer todas esas iniciativas en común e argallar algo que non pase polo voluntarismo ou a terapia de grupo.
Dalle unhas voltas e se tal falamos.
Unha aperta.
Enviar um comentário