21/11/09

Réptiles caseiros

. 21/11/09 .

A canaleta de arredor da casa está resultando ser un viveiro do mais productivo. Como van parar a ela todas as follas secas das froiteiras da horta e non me dou muita presa en limpalas acaba criando unha grande cantidade de porquiñas da humidade, arañas, grilos e sapiños, constituíndo a base dunha cadea alimentaria que proporciona a oportunidade de observar alguns interesantes seres, case que ó alcance da man.

Hai algún tempo apareciu o esgonzo que se pode ver nunha mensaxe anterior, dispois apareceron varias cobras de auga e mais unha cobra lagarteira que estaba na cepa medio podre dun eucalipto e nos últimos dias de agosto andaba este exemplar de lagarto das silvas, ás arañas.
Lagarto das silvas (Lacerta scheiberi)


Lagarto das silvas novo


Cobra de auga (Natrix natrix)


Cobra lagarteira meridional (Coronella girondica)

7 comentarios:

Xosé Ramón Reigada disse...

Olá, esa canaleta é unha marbilla, que sorte ter todas esas especies sen saír da casa
Saúdos

pdc disse...

Ola Xosé Ramón. Tamén ten algún pequeno incomenente . Ás veces algunha amistade ou algún parente que vén á casa leva un sobresalto, pega un berro e di: Ahhhh!!!, un bichooo!!!. Felismente todo queda en anécdota.
Saúdos

Xosé Ramón Reigada disse...

Que bo! Sigue sendo unha delicia ter eses inlquilinos
Saúdos

Rafael disse...

súmome a opinión de que é unha sorte ter as cobras e o lagarto ao pé da casa...sobre todo as cobras que para min son moito máis malas de ver a coonella nen che digo por acolá é ben rara...os silveiros son de idade diferente, vexo, novos os dous pero un máis ca o outro... cando van feitas?..saúdos pepe...calquera día vémonos polo Pindo..e un dos montes que máis me gusta

pdc disse...

Ola Rafael. A miña muller non está tan conforme con ter tanto bicherío arredor. O dia que atopou tres ou catro cobras de auga noviñas, (uns 10cm.), botoume un bo sermón e mandoume levalas ó rio que está a uns 100 mt. Ós lagartos tenlle moito aprecio pero non lle gusta que entren na casa.
Os silveiros son dous: Ó mais grandecho, tal como dis, ainda é novo, ou nova porque non sei se non estaría chocando e medía uns 30 cms. en xullo-agosto, cando foron feitas as fotos. O da última foto que esta feita nos mesmos dias non chegaba ós 10 cm. Supoño que tería unha semán escasa.
Será unha satisfacción vérmonos se cadra de vires por Carnota ou de ir eu pola Capelada, que me deixou entusiamado a tua entrada sobor das maravillosas "bandas columnadas" da transformación da peridotita.
Saúde

Juan Manuel disse...

Cuida ben esa canaleta, jeje.
Un saúdo

pepedacañada disse...

Ola Juan Manuel. Coidareina. E ti coida ás vaquiñas que, sen quitarlle mérito a ninguén, son as persoas que millor arrecenden do mundo.
Polo demais o que lle digo a Rafael tamén é para ti.
Saúdos

 
{nama-blog-anda} is proudly powered by Blogger.com | Template by Agus Ramadhani | o-om.com