29/10/09

Caldebarcos. Muiños restaurados

. 29/10/09 .

A asociación "Xurde Caldebarcos", unha das mais activas de Carnota, vén impulsando dende hai tempo un conxunto de iniciativas culturás e recreativas que despertan un importante interés e participación, non só da veciñanza de Caldebarcos, pero tamén das parroquias de arredor. Entre estas iniciativas destaca a restauración dos muiños do rego de Amil e a recuperación dos camiños e fontes do lugar. Estas actuacións foron complementadas co deseño duns roteiros sinalizados e guiados que levan gozando dende o seu inicio do aprecio de muitas personas atraídas por esta oferta.

Para festexar o felís remate do proxecto, o dia 10 de outubro, a asociación "Xurde" organizou unha andaina ó longo dos principás roteiros, incluíndo a visita ós muiños restaurados e rematando, pé do rio, cun xantar composto de recetas tradicionás como bolo asmo, filloas, chulas, empanadas, tortilla, papas, ..., confeccionado polas animosas veciñas de Caldebarcos ca apreciable axuda da calidade dos productos da cooperativa de agricultura ecolóxica "Rainha Lupa" de Quilmas.
A grisura do dia e o orballo da primeira hora foron felismente vencidos pola boa armonía e pola participación de numerosos animadores, entre os que chamaron principalmente a atención os mestres da Regueifa, Suso e Antonio, da terra de Bergantiños. (Picar en calquera das fotos para ver as restantes).

0 comentarios:

 
{nama-blog-anda} is proudly powered by Blogger.com | Template by Agus Ramadhani | o-om.com