30/07/09

¡Respeto para o monte Pindo!

. 30/07/09 .



¿Signos de vida intelixente no monte Pindo?


O monte Pindo reúne unha variedade de atractivos que fai que o número de visitantes que recibe vaia en aumento de ano en ano. 


 Estas personas, interesadas na paisaxe, na historia, na xeoloxía ou simplemente en realizar unha grata escursión, quedan sorprendidos pola grande cantidade de incripcións nas pedras mais emblemáticas do monte, dende inscripcións en caracteres rúnicos no Pedrullo, hasta declaracións de amistade perpétua na propia Laxa da Moa. A técnica de realización vai desde textos pintados, de variada pigmentación e caligrafía, a gravuras con medios electromecánicos e profundidades de hasta 8mm.
Todas elas parecen realizadas en épocas históricas recentes: de fins do sec. XX a principios do sec. XXI., observándose que algunhas hasta están datadas.





¿Qué significado tén estas inscripcións?, ¿cal era a sua finalidade?, e sobre todo ¿qué seres as realizaron?, ¿pertencían a algunha cultura extinguida ou en extinción? ¿Xa desapareceron ou se cadra, ainda están antre nós?
O que parece claro é que non tén ningunha connotación mística nin relación con culto algún. ¿Tratarase tal vez da mensaxe de seres que sentían a necesidade imperativa de deixar constancia da sua existencia ó resto do universo?.
Quizais no futuro alguén consiga dar ca esplicación a estes misterios.

2 comentarios:

Xosé disse...

carneiradas chonis, resulta que a maior parte desas pintadas son de veciños nosos...
Triste, pero é así.

Percheron disse...

A máis recente agresión contra o entorno do Monte Pindo foi a tala dos pinos do alto do Monte Pindo para poñer mesas, do cal encargouse a Asociación Perfecto Sande de Mazaricos:
http://quepasanacosta.com/content/view/6275/26/

 
{nama-blog-anda} is proudly powered by Blogger.com | Template by Agus Ramadhani | o-om.com